A cantar:
Maio das mariñas
​
Primeiro lembrade que podedes seguir visitando propostas doutras semanas, o baile de pés da canción "anímense ao baile", o proxecto de pintura e música, tamén a actividade anterior dos maios e... por suposto, o ritmo de Queen do We Will Rock You que, co que lle gusta a esta clase non o podía deixar fora!
Maio das mariñas:
​
Seguindo coa temática como proposta desta semana déixote esta canción e a súa letra para que a disfrutes e te atrevas a cantar! Desfruta dunha festa no teu salón, habitación, cociña ou mesmo no rato do paseo!
​
Lembras a gran foliada que faciamos cada ano polas Letras Galegas no cole? Pois que mellor ocasión que esta para facer a tua festa...
Non fai falta ser cantante para cantar nin bailarín/a para bailar nin músico/a para facer música así que o máis importante que tes que facer é: DESFRUTAR!
Le a letra, canta a trociños, repite, baila ou move o teu corpo (a puntos, a voltas, a rodas ou o que te suxira a música) interpreta e acompaña con calquera tipo de percusión (palmas, pés, chasquidos, culleres, tenedores, pandeiretas...) pero o máis importante: DESFRUTA​
Festa!
Lembra:
Estarei encantada de recibir videos e imaxes ou o que precises da túa particular festa a patrisanla@edu.xunta.gal ou ao Gdrive.
​
Que non te atreves? Podes ver ESTE VÍDEO no que boto cun pé cos de 2º ou ESTE OUTRO se queres cotillear!