top of page

1:

DESEÑA O TEU MAIO!

Crea un maio de pequeno tamaño, podes empregar o material do que dispoñas, cartón, tea, abalorios, papel, tapóns, o dos ovos... e claro, se tes acceso a plantas e flores pois tamén!

Podes facelo sobre un cono feito con papel ou cartón ou en plano, debuxando primeiro o cono e pintando ou pegando cousas por riba.

2:

CREAMOS UN MAIO:

Xa sabes, do apartado "Que é" que nos maios se cantan esas coplas inventadas​ que falan do que sucedeu no ano, da actualidade e da denuncia social.

A proposta é que, que creemos as nosas coplas para o maio, primeiro van unhas indicacións:

  • Cada copla ten 4 versos.

  • Cada verso ten 6 sílabas (intenta axustarte o que poidas!)

  • Riman o segundo verso co cuarto

  • O último verso de cada copla repítese como primeiro da seguinte.

Captura de pantalla 2020-05-04 a las 18.

Para facer isto tes que entrar na ligazón do botón de aquí abaixo, aí verás a última copla (4 versos) que introduciu o/a último compañeiro/a en entrar entón a túa ten que comezar repetindo o último verso. (Podes enviar máis de unha copla sempre que cada unha comece co último verso da anterior!)

3:

LISTO!

Podes achegar imaxes do teu maio e as coplas a patrisanla@edu.xunta.gal ou ao Gdrive. Se te animas a cantar as túas coplas tamén o podes mandar en audio ou vídeo!Sería xenial telas para unilas nunha canción, fíxate na melodía que canto eu no vídeo de arriba, é moi fácil, estarei encantada de recibilo se te apetece...

bottom of page