1:
DESEÑA O TEU MAIO!
Crea un maio de pequeno tamaño, podes empregar o material do que dispoñas, cartón, tea, abalorios, papel, tapóns, o dos ovos... e claro, se tes acceso a plantas e flores pois tamén!
Podes facelo sobre un cono feito con papel ou cartón ou en plano, debuxando primeiro o cono e pintando ou pegando cousas por riba.
2:
CANTAMOS UN MAIO:
Xa sabes, do apartado "Que é" que nos maios se cantan esas coplas inventadas que falan do que sucedeu no ano, da actualidade e da denuncia social.
A proposta é que, ao carón do teu maio inclúas polo menos dúas coplas inventadas por ti douche unhas indicacións de guía:
-
Cada copla ten 4 versos.
-
Cada verso ten 6 sílabas (intenta axustarte o que poidas!)
-
Riman o segundo verso co cuarto
-
O último verso de cada copla repítese como primeiro da seguinte.
3:
LISTO!
Podes achegar imaxes do teu maio e as coplas a patrisanla@edu.xunta.gal ou ao Gdrive. Se te animas a cantar as túas coplas tamén o podes mandar en audio ou vídeo!