1:
UNHA DECORACIÓN DO MAIO
A primeira proposta é crear unha decoración para nós para o maio, por exemplo unha coroa de flores feita con material de refugallo (ou se tes acceso a flores naturais podes incluílas) No vídeo de aquí abaixo dan unhas ideas pero non tes por que seguilas, seguro que ti tes as túas!
2:
A FESTA DOS MAIO
Xa que chegou a festa propóñote acompañar, cunha culler de madeira e un garfo a obra de Susana Seivane chamada "Sabeliña"
-
Recomendo que primeiro escoites a obra sen tocar
-
Despois intentes con palmas
-
Despois cun dos "instrumentos", por exemplo a culler.
-
Despois o outro.
-
Por último os dous.
No vídeo de aquí abaixo podes ver como a toquei eu.
3:
LISTO!
Podes achegar imaxes da tua creación e interpretación musical a patrisanla@edu.xunta.gal ou ao Gdrive. Fotos, vídeos, se ti queres calquera cousa será benvida. (Tamén dúbidas, inquedanzas ou suxerencias)