top of page

1:

LEMBRANDO O MAIO

Como puideches ler no apartado "Que é?" os maios son unhas festas de exaltación da natureza nas que ademáis adoitan cantarse cantigas cuxas coplas son creadas para a ocasión en falan da actualidade, denuncia social etc. 

Fuches algunha vez a unha festa dos maios? Este ano toca na casa pero seguro que o próximo podes achegarte a unha! Aquí tes un vídeo da iniciativa "Cantádeme un maio" que xa ves que siguen funcionando aínda en corentena!

Pero esto da composición de coplas retomámolo a semana que ven...

2:

RAPOEMA "O MAIO"

Aquí  traio algo distinto, o poema O Maio de Curros Enríquez pero rapeado por Aíd (Aída Alonso) no seu disco "Rapoemas"

Trátase de acompañar este rap con percusión corporal, empregaremos: golpe no peito, chasquido de dedos e palmada na perna.

  1. Primeiro escoita toda a canción vendo o vídeo sen facer os movementos, podes levar o pulso.

  2. Despois intenta facer, por exemplo con palmas, todo (gardando os silencios)

  3. Despois escolle, por exemplo, facer só os golpes no peito.

  4. Engade golpes na perna.

  5. Engade chasquidos.

  6. Intenta facelo con todos os movementos.

Por se sirve de guía, aquí saio eu facendo o ritmo:

3:

LISTO!

Sáeche? Se xa che sae podes:

  • Gravarte facendoo ou facendo parte e achegalo ao meu mail (patrisanla@edu.xunta.gal) ou GDrive se queres.

  • Cambiar ou facer máis complicada algunha parte do ritmo.

AGARDO QUE DESFRUTARAS! MOITO ÁNIMO!

bottom of page