top of page
Sánchez
Foliada Carballesa
Como iamos esquecer a foliada que faciamos no cole polas Letras Galegas?​
A carballesa é unha variante máis rápida da muiñeira e aquí traio unha do Incio (Lugo) interpretada polo grupo Os d'Abaixo
A DESFRUTAR!
Non fai falta ser bailarín/a para bailar!
No vídeo verás uns pasos moi sinxelos que acompañan ás distintas partes da carballesa e que podes repetir.​
Pero... anímote a que simplemente desfrutes, fagas outros pasos, puntos, inventes ou sinxelamente movas un pouco o corpo. O importante é desfrutar desta foliada! Anímate!
-
A: Abro, pecho, patada, patada, patada. Abro, pecho, patada, patada, patada.
-
B: Adiante, xunto, 1, 2, 3 (xirando) Adiante, xunto, 1, 2, 3 (xirando cara o outro lado)
-
C: Adiante, xunto, paso, paso, paso (no sitio). Adiante, xunto, paso, paso, paso (no sitio)(co outro pé)
-
D: Pico, pico, pico, xunto. Pico, pico, pico, xunto (coa outra perna)
​
Estarei encantada de recibir vídeos ou o que desexedes da vosa foliada! Sería xenial!
Podedes mandalos por correo a patrisanla@edu.xunta.gal ou a este cartafol de GDrive.
​
​
(Se queredes cotillear outro vídeo no que boto un pé podedes pasar, por exemplo, polo espazo de 2º de primaria facendo CLIC AQUÍ!)
bottom of page