top of page

Comezar a regueifar desde cero, improvisar a tempo, manter o número de silabas, axilizar a mente, procurar a maxia do idioma... non é sinxelo pero non vos preocupedes, estades a uns pasos de ser os salvadores/as da regueifa!

1: Escribe catro versos de regueifa para saúdar, dar os bos días e/ou mostrar o que pensas da tarefa que comeza, por exemplo:

"Moi boa mañá a todas, 

agardo que me escoitedes, 

pois rescatar a regueifa

precisa das vosas mentes"

O tempo corre, poremos o temporizador de conta atrás en 5 minutos para comezar a axilizar os nosos pensamentos e acto seguido faremos a rolda de saúdos

1

2

Escolle unha destas palabras e fai unha listaxe de palabras que rimen de forma asonante ou consonante con elas, escribe as máximas que poidas no tempo dado.

PALABRAS:

REGUEIFA -  FESTAS -  OITO -  COMPAÑEIROS - LEDICIA

Iremos máis lento do habitual máis o reto agora é que cada un de vos comece a rimar empregando como primeiro verso o último do compañeiro/a anterior, por exemplo​:

"Moi boa mañá a todas, 

agardo que me escoitedes, 

pois rescatar a regueifa

precisa das vosas mentes"

"Precisa das vosas mentes

ledicia e perseverancia,

regueifando todos xuntos, 

coa lingua e a tolerancia"

3

bottom of page