4
Aproveitando as datas na que nos atopamos deberemos regueifar en torno ao tema seleccionado para ser gravado e compartido con toda a comunidade educativa!
Que nos escoiten regueifar!
(Recoméndase facer unha rolda inicial con pistas, unha rolda intermedia de corrido e despois a rolda definitiva)
5
Para salvar a regueifa precisamos darlle publicidade ao voso traballo!
Ademáis de gravarnos e compartir a gravación teremos unha conta nunha rede social (xestionada pola/o mestra/e) (Twitter ou Instagram)
Debes aportar unha imaxe creada por ti relativa á túa "estrofa" de xeito que acompañe á publicación da mesma. Achega a foto en formato dixital!
Pode ser una paisaxe, un ou varios obxectos, un cartaz, unha composición... pero lembra que non deben saír menores nin ninguén que non te autorice previamente!
6
Facemos unha listaxe de datas, eventos, conmemoracions, festexos... nos que poderiamos regueifar e espallar o noso traballo para seguir axundando no rexurdir da regueifa!