top of page

1

Comezar a regueifar desde cero, improvisar a tempo, manter o número de silabas, axilizar a mente, procurar a maxia do idioma... non é sinxelo pero non vos preocupedes, estades a uns pasos de ser os salvadores/as da regueifa!

​

1: Escribe catro versos de regueifa para saúdar, dar os bos días e/ou mostrar o que pensas da tarefa que comeza, por exemplo:

​

"Moi boa mañá a todas, 

agardo que me escoitedes, 

pois rescatar a regueifa

precisa das vosas mentes"

​

O tempo corre, poremos o temporizador de conta atrás en 5 minutos para comezar a axilizar os nosos pensamentos e acto seguido faremos a rolda de saúdos

2

Escolle unha destas palabras e fai unha listaxe de palabras que rimen de forma asonante ou consonante con elas, escribe as máximas que poidas no tempo dado.

​

PALABRAS:

REGUEIFA -  COMPAÑEIRAS - TEMPO - ESCOLA

Iremos máis lento do habitual máis o reto agora é que cada un de vos faga a segunda estrofa empregando como primeiro verso o último do anterior.

​

​

​

"Moi boa mañá a todas, 

agardo que me escoitedes, 

pois rescatar a regueifa

precisa das vosas mentes"

​

"Precisa das vosas mentes

ledicia e perseverancia,

regueifando todos xuntos, 

coa lingua e a tolerancia"

3

bottom of page