top of page

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso.

 

Sónache? Seguro que se che ven á mente o que chamades "batalla de galos"


Polo seu carácter básicamente oral a súa orixe pérdese na noite dos tempos.
Pero segundo parece era tradición que antes do banquete de voda, a parella puxera a disposición dos que non foran invitados un bolo de pan chamado “Regueifa”, pois a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartilo entre os presentes era retarse dialecticamente entre eles, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.

Pero... a regueifa está morrendo!

Na actualidade os poucos “Regueifeiros” que quedan a practican de maneira esporádica cando son invitados por algunha asociación cultural ou colexio para que exhiban a súa habilidade en público así que Galiza precisa regueifeiros e regueifeiras novos coma vós!

Estades listos para o reto?

Non deixeides a regueifa morrer!

bottom of page