top of page

O tacto permite sentir as cousas que tocamos, a súa forma, textura, temperatura, humidade...

O tacto

  1. Descubre, cos ollos tapados, que compañeiro/a tes diante, só podes empregar o tacto para notar suavemente a súa cara e as máns.

2. ​Que teñen os globos?

Temos globos iguais que dentro teñen distintos elementos (sal, fariña, lentellas, algodón, etc.)

Debemos identificar o contido dos globos no menor tempo posible.

 

Para realizar por equipos os globos deben ser da mesma cor para impedir a memorización das cores e podemos incluír un temporizador creando unha competición na que descubriremos que equipo selecciona cada globo co seu contido no menor tempo posible

Aquí podes descargar as tarxetas de identificación para "unir" cada globo co seu contido.

bottom of page