top of page

Pódese facer por grupos, parellas, individual, na clase, con colaboración familiar, en soporte dixital... as posibilidades son enormes mais optamos pola fotografía analóxica, un mundo que moitos descoñecen.

Cal cres que é a túa mellor parte? Por que? Que che permite facer?

A nosa mellor parte

Reto fotográfico

Coas cámaras, cada equipo farase (entre os membros do equipo) unha foto dunha parte do corpo que lles guste de si memos e, unha vez revelada, cada un redactará/preparará un alegato que explique por que cre que esa é a sua mellor parte. 

Por exemplo: " A miña mellor parte son os meus oídos xa que permítenme escoitar a miña música favorita, á miña tia cando me conta historias e aos meus amigos cando chaman por min, ademáis tamén escoito á miña entrenadora da que tanto aprendo..."

bottom of page