Cole nas ondas
Nós facemos radio
Preparar o noso programa de radio
Como xa escoitáchedes, un programa é un conxunto de emisións transmitidas por radio, agrupadas baixo un título ou cabeceira común e pode ter distintas seccións e temas.
Esto require traballo e preparación así que ánimo artistas. Comezamos!
1. Equipos
e seccións
2. Ideas e escaleta
O noso programa de radio estará formado por distintas seccións e cada sección será traballada por un equipo.
Velaí van unhas ideas de seccións, algúns temas son moi extensos máis concretaremos entre todos antes de comezar.
Música (temas, recomendacións, favoritos de outra xente, músicas por épocas...)
Literatura (Recomendacións, interpretacións, poemas, entrevistas para recomendar libros, relatos curtos...)
Informativo (novas do cole, do mundo, novas positivas...)
Medio ambiente (o ártico, o fracking, consellos, reciclaxe...)
Entrevistas ou debates. (A familiares, profes, personaxes ficticios...)
Concurso (un concurso que se resolva na seguinte edición?)
Publicidade
Nutrición (Receitas, ideas, comidas favoritas...)
Deportes e xogos (xogos para o patio, xogos tradicionais...)
Unha vez que temos os equipos e as seccións repartidas temos que facer o noso guión ou escaleta.
Que é unha escaleta? O esquelete do programa.
Pensade que cada unha das vosas seccións será dunha duración moi curta buscamos que a xente disfrute moito escoitándonos e non lles resulte canso ou aburrido para que desexen que fagamos máis programas.
Aquí hai unha lámina para comezar nos equipos coas ideas principais.
E despois podedes facer a vosa escaleta (a man ou dixital)