top of page
Cole nas ondas
Nós facemos radio
Entre todos e todas imos poñerlle nome ao noso programa e crear a sintonía.
Podemos empregar ferramentas coma Incredibox, Soundation ou outras!
Preparamos as gravacións
Para saber como falar na radio o mellor é fixarnos e escoitar outros programas, estando atentos a como locutan e se expresan.
A linguaxe escrita non é como a oral, temos que facer frases curtas, sinxelas, con boa entonación e naturalidade. Non te poñas nervioso/a entre todos vai quedar perfecto.
Podemos gravar con tablets, ordenadores e servizos coma Vocaroo, Audacity, Cast...
Como se chama o noso programa?
bottom of page