Agora que somos expertos/as...
Divididos en grupos deberedes desenrolar unha importante tarefa:
Deseñar as nosas propias "Escape rooms" musicais!
Empregade fichas coma esta para ir facendo cada fase da tarefa.
1. Para quen?
Cada grupo recibirá un "público" para o cal deseñar a "escape room" non será o mesmo facelo para alumnos/as máis pequenos, que para compañeiros/as ou para profes.
2. A historia
Creade unha pequena historia para poñernos en situación, ¿Atopar as últimas chuches do mundo?, ¿entender unha mensaxe extraterrestre?, ¿unir as pezas que forman un videoclip/foto?. Creade algo pensando en quen visitará a vosa escape room
3. A recompensa final
Que haberá ao final? Unha chave para saír? Diplomas? As chuches? Un vídeo? ...
4. As pistas que nos levan de un punto a outro
Empeza a parte complicada, deseñade as pistas (bastante claras) que nos levarán de un lugar ou dunha proba ata outra.
5. Os puzzles e enigmas que dan pistas.
Moitas pistas atópanse tras resolver pequenos puzzles, códigos, preguntas... creade a proba de cada pista e o material necesario.
6. A disposición.
Tendo clara a historia, as probas, o material necesario, establecede como estaría todo disposto na aula.