top of page

A misión:

A compositora non podía deixar a súa obra en calquera lugar!

A aula/ estudo da compositora estará chea de puzzles, enigmas e probas que deberedes resolver en equipo ata chegar a atopar a obra completa antes de que o fagan os axentes dunha corporación que pretenden roubala e enriquecerse sen dar recoñecemento á autora.

No estudo da compositora poderedes atopar:

  • Puzzles e códigos ocultos que descifrar.

  • Pistas que vos orienten

  • Obxectos ou pistas agochadas

  • Probas musicais

  • Probas de investigación

Estade atentos/as, traballade xuntos, e non perdades a calma.

bottom of page