top of page

Como se fai?

1. Escoita

2.Palmas

Escoita a obra enteira sen tocar nada, vai mirando o vídeo...

Volve escoitar dando unha palmada onde haxa culleres, garfos ou as dúas cousas e facendo "Shh" onde haxa puntiño.

3. Garfo

4. Culler

Facemos toda a obra só co garfo 

Facemos toda a obra só coa culler

5. Parte C

Sen dúbida a parte C é a máis complexa, para o vídeo para fixarte moi ben e practicala. (Fai o mesmo co resto de partes pero especialmete con esta)

6. Completa

Intenta facer a obra completa (poden acompañarte membros da túa familia!) Pouco a pouco, mellorándoa cada semana.

7. Extra

Saeche perfecta? Podes facer que algunha parte sexa mellor ou máis complexa? Proba sons con ese garfo e esa culler!

Lembra que se queres podes gravarte, fotografiarte, debuxar... e tamén que podes contactar comigo ou enviar o que queiras en patrisanla@edu.xunta.gal ou ao noso cartafol de GDrive

bottom of page