A fiestra da mestra
Comezar a regueifar desde cero, improvisar a tempo, manter o número de silabas, axilizar a mente, procurar a maxia do idioma... non é sinxelo pero non vos preocupedes, estades a uns pasos de ser os salvadores/as da regueifa!
1: Escribe catro versos de regueifa para saúdar, dar os bos días e/ou mostrar o que pensas da tarefa que comeza, por exemplo:
"Moi boa mañá a todas,
agardo que me escoitedes,
pois rescatar a regueifa
precisa das vosas mentes"
O tempo corre, poremos o temporizador de conta atrás en 5 minutos para comezar a axilizar os nosos pensamentos e acto seguido faremos a rolda de saúdos
1
2
Escolle unha destas palabras e fai unha listaxe de palabras que rimen de forma asonante ou consonante con elas, escribe as máximas que poidas no tempo dado.
PALABRAS:
REGUEIFA - COMPAÑEIRAS - TEMPO - ESCOLA
Iremos máis lento do habitual máis o reto agora é que cada un de vos faga a segunda estrofa empregando como primeiro verso o último do anterior.
"Moi boa mañá a todas,
agardo que me escoitedes,
pois rescatar a regueifa
precisa das vosas mentes"
"Precisa das vosas mentes,
ledicia e perseverancia,
regueifando todos xuntos,
coa lingua e a tolerancia"