top of page

A nosa canción  de fin de curso

EXPERIENCE

Proposta

Boas! a proposta e crear o voso "rap" de fin de curso xa que durante o ano moitos/as sodes os que demostráchedes querenza e sabedoría por ese xénero.

1: Que quero decir:

Primeiro inspírate, que queres dicir para despedirte do cole e dos/as compañeiros/as? Pensa no vivido, nos bos momentos, no que agradeces, o que aprendiches... 

Fai primeiro unha treboada de ideas. Podes escoitar outras cancións...

3: Mans á obra

Escribe aquí a túa idea, un par de versos ou máis... depende de cantas ideas teñas, poderás ver o que escribiu o/a último/a de vos que entrou a facer a súa aportación por se queres seguir coa súa idea, eu recibirei todo o que poñedes neste espazo e organizarei as ideas de todos/as os que participedes para enviarvos de volta a letra ordenada.

3: O retrouso

Como sabedes o retrouso dunha canción é unha parte que se repite, no exemplo do principio (Pan cotiá) é "e nesta rúa sen saída, camiño ao teu carón..." Para esta parte collerei un pouco do espíritu de todo o que deixáchedes e crearei o voso. Tamén podedes propoñer no foro da Aula Virtual

(Cando a letra esté completa quedamos nunha videoconferencia para vela e ver se queredes introducir algún cambio)

4: Gravación

Unha vez esté a letra enteira pedireivos que gravedes un vídeo (se non queredes que saia a vosa cara non a gravedes...) coa mellora calidade de son que poidades no que rapeedes e interpetedes a canción para montalo todo xunto. (dareivos tamén a base e incluso un karaoke se é preciso, teredes que poñer o karaoke en cascos para gravar no vídeo solo a vosa voz sen música)

5: A estrea

A estrea: Quedaremos unha videoconferencia para a estrea do voso vídeo que, por suposto, veredes os primeiros/as.

2: A base

Rosa​ ofreceuse e creou unha base para a vosa canción! Así que en canto poidas súbea aquí para que todos/as poidamos escoitala

Tamén podes subir máis ideas a este CARTAFOL DE DRIVE (nun documento)
ou ao FORO da aula virtual.

ÁNIMO SEXTO, todo sairá ben!

bottom of page