top of page

Avaliación

Saber que se vai evaluar é unha parte moi importante para o desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe e ademáis seravos de axuda para ter en conta os puntos esenciais.

Nesta actividade valorarase:

- O traballo colaborativo, o respeto e solidariedade c@s compañeir@s, Antes de criticar pensa se a crítica é xusta!

- A participación: Aporta ideas, ferramentas, todos sumamos.

- A orde: Temos uns pasos establecidos, todos teñen un motivo para estar aí, non saltedes ningún, seranvos de gran axuda. 

- Os tempos: Respectade as datas de entrega. É moi importante!

- A creatividade: Hai mil formas de plantexar esta actividade, pon a traballar o miolo, as túas ideas son moi importantes non te molestes en copiar a outros xa que todos tedes unha arma fantástica: A vosa imaxinación, non a subestimedes, por favor.

- A visión artística: O resultado debe posuír valor artístico, pensade nas imaxes, os audios,...

- A mensaxe: Os 15 segundos son para mandar unha mensaxe, que esta non se dilúa no proceso!

- O esforzo persoal: Sodes capaces de grandes cousas, mais todas as grandes cousas precisan esforzo, valorade o voso traballo e entregade algo do que vos sintades orgullosos. Credes que non se nota cando vos esforzades e cando non?...

- O resultado final.

Ao rematar toda a actividade facede clic no botón "Autoavaliación"

e respondede ás diferentes preguntas sobre o proceso. 

©  Patricia Sánchez Lamas
patricia.sanchezlamas@edu.xunta.es

bottom of page