top of page

Moitas asociacións, cidadáns, concellos e organizacións están traballando arreo para axudar a todas estas persoas que sofren. En moitos casos a resposta da poboación é esperanzadora.

En positivo

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo." E. Galeano

Imos compezar por trasformar cun pouco de imaxinación algo malo en algo bó.

Aquí temos a silueta dun misil e imos imprimir un para cada un.

Empregade o poder da imaxinación, pensade, xirade, pintade e coa axuda das cores creade unha obra moito máis positiva na que a arma desapareza. Un acuario? un home? Paraugas? Bocadillos? En que podedes transformalo?

Ánimo!

bottom of page