top of page

A clase dividirase en equipos de expertos:

Precisamos información!

Expertos/as en causas do lume

Este grupo de expertos/as pensará, buscará información e listará factores (naturais por un lado e humanos por outro) que poden provocar ou avivar lumes.

​

No botón de abaixo podes acceder a un artigo de ECOVIVE que sinala algúns, mais podedes engadir, bucar máis fontes, etc. ata que fagades a vosa propia listaxe co que creades máis importante.

​

Despois plasmarémolo nun cartaz informativo.

Expertos/as en consecuencias do lume

Este grupo de expertos/as debe procurar, investigar e listar as principais consecuencias dos incendios forestais. 

Que pasa cando se prende o bosque?

Buscade consecuencias para a natureza, o entorno, o planeta e o ser humano.

​

No botón tedes acceso a un documento elaborado por Greenpeace que sinala algunha das consecuencias dos incendios. Pensade outras, buscade, recopilade e facede a selección que consideredes.

​

Plasmaremos os resultados da pesquisa nun cartaz informativo.

​

​

Expertos/as en medidas preventivas

Este grupo de expertos/as debe pensar e procurar información sobre medidas para previr e evitar os lumes. Que se debe facer, que non se debe facer, que hai que coidar, que podemos mellorar...

​

No botón podedes ver unha imaxe con consellos básicos pero pensade tamén outros para donos/as de fincas, concellos, etc.

​

Os resultados da pesquisa quedarán reflectidos no panel informativo.

Expertos/as en periodismo e artes

Este equipo de expertos/as ocuparáse da análise periodística. 

Debedes procurar e seleccionar titulares de novas sobre os lumes e o seu alcance.

Ademáis buscaredes manifestacións artísticas relacionadas coa vaga de incendios dos pasados días (viñetas, cartaces, poemas...) que apareceron en redes, prensa, etc.

​

No botón tedes un artigo que recopila algunha desas viñetas, pero hai moitas máis!

​

Unha vez recopilados serán expostos no panel informativo.

Please reload

Unha vez que temos a informacion que precisamos pasamos ao seguinte punto

bottom of page