top of page

COMPARTIMOS

Imos gardar todos os nosos vídeos na NUBE, por exemplo nunha carpeta compartida de Dropbox ou o servidor escolar (Se alguén desexa subilo a outra plataforma, por exemplo Youtube, trataremos este tema na clase)

 

Xeramos uns códigos QR que os alberguen.

Que son Códigos QR? Son gráficos semellantes aos códigos de barras que ofertan información extra que pode resultar moi interesante se os empregamos en afiches, cartaces, programas, etc. xa que poderemos insertar páxinas web, mensaxes de texto, puntos de xeolocalización, etc. e neste caso, o noso vídeo.

 

Para crear os códigos temos moitas ferramentas moi sinxelas como esta: http://www.qrstuff.com/ Só tedes que pegar a ligazón ao voso vídeo, seleccionar a cor, crear o código e descargalo.

 

INCLUÍDE O VÍDEO E O CÓDIGO QR NO E-PORTFOLIO

 

E imos á fase final.

bottom of page