top of page
Sánchez
Ola!​
Como vai todo?
Primeiro de todo decirvos que agardo que esteades moi ben e con moito ánimo, xa queda menos! Despois tamén decirvos que se aínda non pasáchedes polas outras tarefas botedes un ollo, descubríchedes as 6 defirencias nas miñas fotos? Probáchedes as variacións ou a crear vos o mesmo? Creáchedes o voso propio instrumento? Se é así se achegades foto e un pequeno audio de como sona podemos intentar crear unha obra na que toquedes todos e todas!
​
Dito esto aquí chega unha nova proposta:
Harry Potter!
É que non podía faltar na vosa clase así que agardo que esta interpretación con ritmo vos guste.
Ides precisar 4 efectos de percusión corporal:
-
Palmadas
-
Palmada nos xeonllos
-
Palmada no peito
-
Pisotón
Sinxelo, non? Recomendo que primeiro fagas unha escoita mirando o vídeo e sen tocar.
​
Despois proba a facelo enteiro só con palmadas (onde saia calquera outra cousa palmada)
​
Despois con dúas cousas, por exemplo palmada e peito
​
E pouco a pouco chega a facelo enteiro.
Agardo que desfrutes.
Mando unha aperta e folgos!
Xa sabes que podes contactar ou mandar arquivos das actividades, saúdos, suxerencias, dúbidas, etc. a patrisanla@edu.xunta.gal
ou ao noso cartafol de GDrive que tes aquí
bottom of page