top of page
Sánchez
Anímense ao baile!
Anímense ao baile é un canción dun grupo galego chamado "Terbutalina"
Que imos facer?
A proposta é un baile moi sinxelo que só se fai cos pes! Mesmo podes estar sentado ou sentada!
Mira, aquí podes velo enteiro:
Como é?
No segundo vídeo ensínoche os 4 pasos distintos que precisas para o baile paso a paso. Sinxelo, sinxelo!
Practica comigo no video, para e repite cantas veces queiras! Pode que non saia de corrido o primeiro día, xa sabes, como no cole! Non pasa nada! Proba as veces que queiras!
Esta?
Despois anímate a facer o baile completo. Podes ir véndoo no vídeo!
Máis?
Se che gustou a experiencia podes:
1- Gravar os teus pés bailando e achegar o vídeo ao GDrive ou a patrisanla@edu.xunta.gal (só se queres! Podemos montar un vídeo con todos os pes que se animen!)
2. Inventar novos pasos de pés para esta ou outras cancións.
3. Inventar pasos só de mans, só dun brazo, ou só de movementos de ollos para esta ou outras cancións.
Mándovos apertas xigantes, cónstame que estades sendo uns e unhas valentes! Non deixedes de crear!
Acceso a GDrive
bottom of page