top of page
Sánchez
Jump in the line
Como ides? Sei de boa tinta que estades sendo uns heroes e heroínas de coidado. Mándovos moitos folgos e apertas. Calquera cousa... sabedes onde estou.
​
Hoxe traio un ritmo con boli (ou rotu...)​
A canción chámase "Jump in the line" de Harry Belafonte e é moi coñecida por saír, por exemplo, na peli de Beetlejuice.
1
Colle un boli ou rotu (pechado) na man dereita. Co boli haberá tre movementos distintos:
Petar na mesa (ou perna) co boli pola parte da tapa, xirar e petar pola parte de atrás ou dar con el "deitado"
2
Na man esquerda empregaremos só ou palma, é dicir, dar coa man aberta na mesa ou perna ou "puño".
3
-
Primeiro escoita a canción enteira sen tocar, mirando e escoitando.
-
Volve escoitar seguindo o ritmo.
-
Repite so facendo a parte do rotu.
-
Agora só a parte da man esquerda.
-
Despois intenta xuntalos.
4
Non ten que saír a primeira, xa sabes do cole, que estas cousas levan tempo e varias sesións, vai probando.
​
Se xa che sae podes modificar o ritmo, cambiar posicións do rotu ou probar con outras cancións.
Lembra que se queres podes achegar opinións, suxerencias, videos, audios ou fotos a patrisanla@edu.xunta.gal ou ao noso GDrive:
bottom of page