top of page
Danza con pano
Os panos de cores finiños é un elemento que usamos bastante na aula de música desde infantil.​ Seguro que lembrades esa caixa cheeea das teas de mil cores.
​
Lembrades a canción coa que comezamos a usalos? Un día andando, eu atopei!
A Danza Húngara de Brahms tamén é un tema que traballamos de mil xeitos, danza, audiovisual, musicograma.... e aquí ven co pano
​
Colle un trozo de tea ou mesmo un pano de papel que podes decorar.
Sigue a  música e indicacións para mover o pano, fai movementos ben graaaandes (non coma min, que para que collera no plano fixen todo pequeniño. A espiral beeen grande que pasa por enriba da cabeza!)
Decora máis e proba novos movementos con panos para seguir a música. Desfruta do movemento e a música, danza libre polo espazo que poidas. Sona forte? Sona suave? XIra, encóllete, estírate moito intentando tocar o teito... 
1
2
3
bottom of page