top of page
Sánchez
Este é un video ritmograma moi sinxelo, semellante aos que fixemos moitas veces na clase.
​
Esta claro que non temos instrumentos, nin a sensación de grupo, nin podemos facer distintas voces, pero velai vai:
1. Escoita
Escoita a obra enteira sen tocar nada.
2 .Palmas
Escoita de novo dando palmas onde aparezan culleres ou garfos e facendo "shh" nos ocos.
3. Culler
Colle a culler de madeira na man dereita e poderás golpear a mesa cando toque (gardando silencio nos ocos)
4. Garfo
Repite o proceso co garfo na man esquerda, podes percutilo despacio nun vaso no canto da mesa.
5. Xuntos
Por fin! intenta montar a peza, culler na dereita, garfo na esqueda... para o video todas as veces que precises para repetir.
6. Extra
Vai perfeccionando a técnica cada semana. Sae xenial? Entón, como podes mellorar a obra? Ritmos máis complicados? Facendo outros sons co garfo e a culler?
bottom of page