top of page
Beethoven Rock
Como ides? Sei de boa tinta que estades sendo uns heroes e heroínas de coidado. Mándovos moitos folgos e apertas. Calquera cousa... sabedes onde estou. Ánimo!
​
O primeiro e que se aínda non visitáchedes outras actividades podedes pasar por alí, creáchedes algún instrumento? Algúns foron chegando... xeniais! Se temos basntantes e achegades foto e un pequeno audio de como sona intentaremos facer unha obra na que poidades tocar todos e todas.
Lembrades o 2º movemento da 9ª de Beethoven? Na súa versión rockeira de David Garret... imos alá!
1
Escoita a obra mirando o vídeo sen tocar.
2
Escolle 4 elementos da túa casa que percutir (que se poida!) ou de percusión corporal. Se fas 4 marcas de cores azul, amarelo, vermello e verde será todo máis doado. Mira eu escollín estas 4 cousas.
​
​
​
​
Colle tamén dous lápices, culleres, pinceis... algo que poidas usar como baquetas.
3
Agora podes reescoitar, eu escollería por exemplo primeiro tocar só no vermello.​
4
Despois repite a canción pero con dúas das cores , logo con tres e finalmente poderás intentalo coas 4 cores.
IMG_1017.jpg
Lembra que se queres podes achegar opinións, suxerencias, videos, audios ou fotos a patrisanla@edu.xunta.gal ou ao noso GDrive:
bottom of page