top of page
Deseña o teu instrumento
E estando na casa como iamos esquecer esta tarefa? No cole xa fixemos algúns.
Algún curso comezou a crear as súas propias táboas de lavar, outros souberon como imitar unha peneira, como traballar culleres de madeira, tamén fixemos rascadores con tubo corrugado ou mesmo creamos pandeiros cadrados pero agora é tempo doutras cousas.
​Mándovos moitos folgos e apertas! Bravo por vós!
IMG-0689.jpg
1
Que instrumento podes inventar con material de refugallo ou que teñas na casa?
  • Busca a idea
  • Busca o material
2
Crea o teu instrumento e decórao.
3
  • ​Sácalle unha foto​
  • Grava un audio ou video no que se escoite como sona o teu instrumento.
(Achega a foto e o audio/video a patrisanla@edu,xunta.gal ou ao cartafol de GDrive)
4
Podes cubrir unha folla tamén na que indiques:
  • Que nome lle puxeches ao teu instrumento?
  • Como produce o son? (Axitando, golpeando, rascando, frotando, soprando...)
  • Materiais principais dos que está feito
  • Debuxo do instrumento
Se achegades as vosas fotos e como sona prometo unha canción que podamos interpretar con todos os vosos intrumentos (ou con todos os que poidamos!) ademáis dunha galería para que visitedes as creaciósn dos compañeiros/as
ACCESO AOS CARTAFOLES DE G DRIVE:
b4979311ac9715c10a4d41fdde419be7.jpg
017603bed48120b773c339baf7a9b110_edited.
d88c8b5eb52ed2c519e1ecab80ab7e40.jpg
9b656c34d071cf125d32d3acd090f1d2.jpg
ea3cabd3dd9be8569b41857e8a4b26be.jpg
b69e3d0d4981eb20098182eac848a309.jpg
c7095b308ec52965739c13b4aee57170.jpg
(Se eres de 5º ou 6º e tamén queres participar,
por suposto, podes facelo!)
bottom of page