top of page

We will rock you!

Como estades? Agardo que todo vaia indo xenial...
​
Como ía esquecer todo o que pedides Queen na vosa clase? Imposible!
Xa que vos gusta tanto agardo que vos anime! Non é tan sinxelo como facer todo o rato dous e un... hai que fixarse un pouco...

Como fago?

Recomendo que primeiro escoites unha vez vendo o vídeo sen tocar...
Como ves, precisarás: palmadas, golpe no peito e nos xeonllos e tamén pisotóns!
E temos, debuxos grandes, que son como negras que duran un tempo, e debuxos pequenos que van de dous en dous, como se foran dúas corcheas.

Vai pouco a pouco primeiro unha parte, vai parando o vídeo as veces que precises e repetindo!

​

Agardo que disfrutes!

Se che gustou a experiencia podes:
​
1- Gravarte e achegar o vídeo ao GDrive ou a patrisanla@edu.xunta.gal (só se queres! Podemos montar un vídeo con todos os pes que se animen!)
​
2. Inventar novos ritmos
​
3. Suxerir outros temas para facer ritmos!
Mándovos apertas xigantes, cónstame que estades sendo uns e unhas valentes! Non deixedes de crear!

Acceso a GDrive

bottom of page